Roteiro en Patins en Arteixo
Publicada el 14 ago., 2018 en la categoría Eventos
Dende Sabón a Barrañán en patíns.... roteiro para @s máis atrevid@s
Ímonos de roteiro a Arteixo!!!
ADC Alquimia Inline desprázase o próximo domingo ó paseo marítimo que vai entre as praias de Sabón e Barrañán, e coa colaboración do Concello de Arteixo, poderá desfrutar dunha paisaxe única sobre rodas.
Dende o aparcadoiro da praia de Sabón (xunto a central eléctrica), e a partir das 11h (xuntanza as 10:45h), sairemos adultos e nen@s, para percorrer un trazado sinuoso de subidas e baixadas que medirá a resistencia e forza dos nosos músculos e a nosa destreza sobre os patíns.
É un roteiro apto só para niveis intermedios e avanzados de dominio dos patíns, polo que se queres vir e non tes o teu nivel claro, non dubides en consultarnos.
A xornada é totalmente gratuíta e está incluida no Proxecto Deporte Solidario e Inclusivo 2017 da Fundación Emalcsa, no que entidades como Asperga Coruña, Accem e outros centros con vinculación os Servicios Sociais, tamén farán partícipes ós seus usuarios para que desfruten dos patíns na rúa.
Enche este breve formulario antes do 18 de agosto (24h) e inscríbete!!
Formulario de inscripción
A túa inscripción será confirmada mediante un correo electrónico.
Non vos olvidedes de que o uso do casco é obrigatorio; e que os protectores de rodillas, cóbados e bonecas son moi recomendables.
#Adcalquimiainline #rutassobrepatines #rutascoruña #patinajeenlinea #fundacionemalcsa #deportesolidarioeinclusivo
#notepierdasniunarutamas #Pontearodar #Patinaenlacalle #Pontelospatines #eupatino